HomesociedadeTomé lidera en Fitur a presentación do novo Portal Turístico da Rede...

Tomé lidera en Fitur a presentación do novo Portal Turístico da Rede de Xuderías

José Tomé recalcou a importancia que ten para Monforte formar parte desta Rede “de cidades distribuídas por todo o territorio nacional e que supoñen para Monforte unha oportunidade de darse a coñecer e poñerse en valor coas actividades conxuntas da Rede”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste ano Monforte ostenta a capitalidade da Rede “supón un reto enorme que afrontamos con ganas de seguir traballando para mellorar a Rede co compromiso de continuar co esforzo xa realizado durante estes anos”. José Tomé recalca “o prestixio da institución considerada como referente dentro e fora das nosas fronteiras da defensa e posta en valor do legado xudeu”.

Dentro das actividades de promoción da Rede, unha das máis relevantes é a presentación dun novo Portal Turístico traducido a tres idiomas: castelán, portugués e inglés que está orientado a buscar a difusión internacional. Tal e como afirma Tomé “constitúe unha plataforma de gran utilidade para continuar a colaborar con outros países de ámbito internacional cos que xa temos relación na actualidade, e especialmente con Portugal que parece ter interese por crear a súa propia rede de cidades e pobos que tiveran presencia sefardí.”

As actividades de promoción de Monforte completáronse cos eventos realizados polo Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra e pola Asociación do Camiño de Inverno. O Consorcio exhibíase como escaparate turístico de calidade en Fitur coa presentación de “Manual de boas prácticas para visitantes”. A Asociación do Camiño de Inverno adquiría protagonismo na intensa xornada de promoción turística, coa presentación de “Proxectos paso a paso”.

As intensas xornadas de traballo desenvoltas en Madrid serven para como explicou Tomé “ofertar Monforte e A Ribeira Sacra nunha plataforma turística das máis importantes a nivel internacional, como un destino turístico único capaz de conquistar os corazóns dos nosos visitantes, que como xa temos comprobado, vanse gratamente sorprendidos cando nos descobren”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...