HomesociedadeAxudas para asociacións de veciños e de mulleres rurais, e para comunidades...

Axudas para asociacións de veciños e de mulleres rurais, e para comunidades de usuarios de augas

A convocatoria da Xunta foi publicada no DOG o pasado 17 de xaneiro e mantén a dotación de 3 millóns de euros do pasado ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de facer públicas no DOG as bases que rexerán para un ‘Plan específico de acción comunitaria’ destinado a asociacións veciñais –incluídas confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños–, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais.

O obxectivo das achegas é garantir a actividade dos colectivos devanditos para mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza. O prazo para solicitalas rematará o 18 de febreiro de 2023.

Este plan de apoio da Xunta comezou no ano 2016 e dende aquela permitiu a 224 entidades veciñais realizar obras nos seus locais sociais, adquirir novo mobiliario e equipamento ou reparar captacións e traídas de auga no caso das comunidades de usuarios de augas.  

BENEFICIARIOS/AS E DESTINO DAS AXUDAS

Da nova convocatoria publicada para aproveitamento neste 2023 poderán beneficiarse asociacións veciñais, federacións, confederacións ou unións de asociacións de veciños, ou de mulleres rurais inscritas debidamente no rexistro de asociacións da comunidade central ou provincial. Tamén se contemplan como beneficiarias as comunidades de usuarios de augas que estean rexistradas no libro de rexistro de augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.

As axudas destinaranse á realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, e traídas de auga veciñais.

Entre os proxectos subvencionables inclúense dúas liñas, unha delas dotada con 2,5 millóns de euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas. 

Os 500.000 euros restantes da outra liña financiarán a adquisición de equipamento necesario para o funcionamento das organizacións beneficiarias. En concreto, mobiliario, material de oficina, equipamento informático ou acústico e audiovisual ademais doutros recursos para actividades específicas. 

As axudas económicas que se concedan poderán acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras, e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....