HomesociedadePombas da paz e testemuño dunha ucraína no Día da Paz que...

Pombas da paz e testemuño dunha ucraína no Día da Paz que celebrou o Colexio Torre de Lemos

A comunidade educativa deste centro escolar monfortino realizou un acto baixo o lema “Todos con Ucrania”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aínda que a previsión inicial era celebrar o ‘Día da Paz’ na céntrica rúa Cardeal de Monforte ás 12:30 h. ao final o equipo directivo do Colexio Torre de Lemos decidiu que o desenvolvemento do acto central tivera lugar no pavillón do colexio. As baixas temperaturas coas que empezaba o día na cidade do Cabe fixeron que o equipo directivo decidirá cambiar de emprazamento.

O acto comezou co himno de Ucraína. Tras escoitalo, os nenos e as nenas levantaron as pombas da paz e os seus globos coas cores da bandeira de Ucraína. Seguidamente viron un vídeo das cidades arrasadas pola guerra, con son real, escoitaron unha canción da paz e despois leron varios manifestos.

Dúas nenas coas ‘Pombas da Paz’. Foto: Colexio Torre de Lemos.

O que máis lles impactou, ademais do vídeo coas imaxes das cidades esborralladas, foi o testemuño de Alina Shatalova, ucraína residente en España e coa súa nai en Sober. Contou a través de vídeoconferencia a odisea que viviu a súa familia, que residía na cidade máis castigada, Mariupol. A rapazada escoitou con atención e quedaron totalmente sensibilizados coa situación.

O acto rematou cunha serie de peticións de nenas e nenos orientadas a pedir o remate do conflito e coa interpretación do himno do Antigo Reino de Galicia.

Dúas rapazas amosando as súas mensaxes de apoio a Ucraína. Foto: C. Torre de Lemos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...