Homesociedade76.000€ para melloras ambientais e infraestruturas municipais en Sober

76.000€ para melloras ambientais e infraestruturas municipais en Sober

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou este martes o municipio de Sober para coñecer as melloras realizadas nos últimos anos no ámbito ambiental e de infraestruturas, no marco da orde de axudas para mellorar infraestruturas para a prestación de servizos municipais e do Fondo de Compensación Ambiental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na súa visita, na que estivo acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, Diego Calvo coñeceu as obras na contorna da alameda (parque infantil e área biosaludable).

Con cargo a estas axudas, nos anos 2021 e 2022, a Xunta impulsou varios proxectos, con achegas que suman máis de 76.000 euros nesta localidade, segundo explicou a Consellería. Ademais, a través do Fondo de Compensación Ambiental, acondicionouse a cuberta da oficina de Turismo para mellorar a súa eficiencia enerxética e o confort da edificación. Así mesmo, adquiriuse un vehículo eléctrico para o traslado de persoal municipal e materiais necesarios en tarefas de protección e conservación do medio.

Segundo lembrou o vicepresidente segundo, a Xunta abriu este mes os prazos das novas convocatorias da orde de axudas para infraestruturas, dotada con 3,5 millóns de euros; e do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 11 millóns de euros. “Animamos ás entidades locais a participar destas medidas, quqe só no pasado ano impulsaron 325 proxectos en todo o territorio galego”, apuntou Diego Calvo.

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...