Dispositivo de tráfico en Monforte por mor da misa de San Blas o 3 de febreiro

A celebración do San Blas volverá ser na igrexa da Régoa debido as obras de restauración que se están a levar a cabo na igrexa de San Vicente. A cita o 6 de febreiro ás 11.00 da mañá.

Igrexa da Régoa / inventrip.com

Ante a previsión dunha elevada afluencia de asistentes e tendo en conta que a ubicación da mesma é en zona de escasa capacidade de estacionamento e con acceso mediante vías estreitas, ó que hai que engadir que o atrio da igrexa tamén se encontra en obras, coa instalación de andamiaxe, resulta necesario adoptar unha serie de medidas de ordenación do tráfico en canto á circulación e estacionamento para garantir no posible a fluidez e a seguridade de todos os usuarios.

Segundo o informe elaborado pola Policía Local de Monforte, o día 3 tomaranse as seguintes medidas:

  1. Supresión do estacionamento de vehículos no atrio da igrexa da Régoa e na baixada ó mesmo dende a rúa Santo Domingo, dende as 8 da mañá ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  2. Supresión do estacionamento de vehículos no tramo da rúa Santo Domingo comprendido entre o inicio da mesma (Taberna KM 0) ata a porta da Alcazaba, dende as 8 da mañá ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  3. Supresión do tráfico rodado na baixada e atrio da igrexa da Régoa en dirección Costa da Pena dende aproximadamente as 10:30 horas (podendo adiantarse si a afluencia de persoas o esixe) ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  4. Establecemento dunha única dirección de circulación de vehículos na rúa Santo Domingo que será entrando dende a Praza de Abastos pola rúa Ricardo Quiroga, dirección San Vicente, e saíndo por Campo da Virxe e rúa Real, dende aproximadamente as 10:30 horas (podendo adiantarse si a afluencia de persoas o esixe) ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  5. O estacionamento farase no tramo superior da rúa Santo Domingo, na marxe dereita en sentido subida (entre a Porta da Alcazaba e o Campo da Virxe), no propio Campo da Virxe e na subida a San Vicente.
  6. Todo o dispositivo sinalizarase mediante sinais verticais e vallas e haberá efectivos da Policía Local para ordenar a circulación mentres dure o evento.

O Alcalde, José Tomé Roca, recorda que, “que é necesario que todos os cidadáns respeten este dispositivo especial pensado para garantir a seguridade de todos nós e para evitar colapsos de circulación nas rúas que se poden ver afectadas por mor da celebración de San Blas”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here