Homesociedade10º aniversario da apertura de Hotusa en Chantada

10º aniversario da apertura de Hotusa en Chantada

O auditorio de Chantada acollía esta mañá o acto de celebración dos 10 anos da apertura das oficinas do Grupo Hotusa na localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo Hotusa, con catro décadas de actividade, está presente en máis de 130 países, conta cuns 5.000 empregados e a facturación supera os 1.200 millóns de euros. Nas súas instalacións de Chantada conta con 210 persoas traballando, nos departamentos de marketing dixital, informática, xestión de contas nacionais e internacionais, área xurídica, contabilidade e equipo de reservas.

A celebración deste mércores encheu o auditorio de Chantada contando coa asistencia, entre outros, do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda e do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé quen felicitou ao grupo e á súa dirección, “Desexo que sigan pola boa senda e que cumpran cos retos que teñen fixados para os vindeiros anos que, estou convencido, continuarán marcados polo éxito”, afirmou, ao tempo que apuntou que este proxecto empresarial contribuíu á dinamizar esta comarca e a provincia ao crear postos de emprego.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...