HomesociedadeA Pobra do Brollón reforzará a limpeza da rede viaria

A Pobra do Brollón reforzará a limpeza da rede viaria

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora co Concello da Pobra do Brollón no reforzo dos traballos de limpeza e mantemento de camiños rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O apoio da institución provincial permitirá axilizar as tarefas de desbroce da rede viaria de titularidade municipal ao longo das 22 parroquias; unha labor fundamental para a seguridade e accesibilidade das pistas, que incide tamén na prevención de incendios.

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, sinalou que “os traballos de mantemento e limpeza das vías municipais periódicos que supoñen un gran esforzo orzamentario e de persoal para os concellos, que desde a área de Medio Rural tratamos de apoiar con diferentes fórmulas de colaboración xa que somos conscientes da importancia que esta rede de infraestruturas ten para a vertebración do territorio e tamén para o desenvolvemento agrario e forestal”.

A institución provincial achegará 20.000 euros para esta iniciativa municipal, que se suman a outros investimentos realizados neste mesmo ámbito como a adquisición de maquinaria e instrumental para labores de limpeza e mantemento.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...