HomesociedadeTorre da Homenaxe en verde polo Día Mundial contra o Cancro

Torre da Homenaxe en verde polo Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Monforte súmase este sábado aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro. Para elo, como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade, procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. Baixo o lema da campaña deste ano “Non podes elixir entre mamá ou papá. O cancro si.”, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é crear un movemento social para involucrar a persoas, empresas e institucións na loita contra o cancro. A campaña foi declarada polo Goberno de España Acontecemento de excepcional interese público (AEIP).

Neste senso, o  Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois o cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.

O cancro pódese considerar como o problema sanitario, social e económico máis importante que ten a nosa sociedade, unha das principais causas de mortalidade no mundo e segue a ser necesario continuar cos proxectos de investigación sobre a enfermidade.

Por esta razón, o Concello de Monforte sumarase ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro e ademais de iluminar a Torre da Homenaxe de cor verde, o Alcalde anima á cidadanía a colaborar coa Asociación dando visibilidade á enfermidade compartindo nas redes sociais un texto conforma se apoia á iniciativa #TodosContraElCáncer.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...