HomesociedadeA Deputación mellora estradas provinciais no Saviñao, Chantada e Carballedo

A Deputación mellora estradas provinciais no Saviñao, Chantada e Carballedo

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento de preto de 1,6M€ para seguir mellorando a rede de estradas provinciais. Os traballos afectarán a 7 vías nos concellos do Saviñao, Baleira, A Fonsagrada, Chantada, Carballedo, Castroverde e Pol.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial licitou no Saviñao, por preto de 200.000€, os traballos de mellora da LU-P-5802, que conecta Porto con Córneas polo Casar en algo máis de 3 quilómetros -desde o inicio ata o 3,385-; e do primeiro quilómetro da LU-P-5805, de Segán a San Vitorio.

Tamén se aprobou declarar de emerxencia a execución das obras necesarias para reparar 4 estradas que sufriron danos polo temporal de fortes choivas do pasado mes de xaneiro en Baleira, A Fonsagrada, Chantada e Carballedo.

A actuación que supón maior investimento afecta a dúas estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Chantada e Carballedo. Son a LU-P-1801, de Chantada ós Peares, e a LU-P-1010, que vai hacia a presa dos Peares, no termo municipal de Carballedo. En conxunto, a Deputación dedica máis de 670.000€ para a súa reparación.

Adxudicación directa de dúas parcelas no polígono dos Acivros

A Xunta de Goberno aprobou ademais a adxudicación directa de dúas parcelas no polígono industrial dos Acivros, en Chantada, por preto de 85.000€. Trátase da parcela 46, que conta con 1.305 metros cadrados e a parcela 47, con 1.338 metros cadrados.

Neste polígono, a Deputación xa ten vendidas un total de 35 parcelas, das 49 que eran de titularidade provincial. Agora mesmo quedan 5 dispoñibles -cunha superficie media de 1.000 metros cadrados cada unha- e hai outras 9 parcelas  reservadas.

Terceira edición do Coñece a túa provincia

Aprobada na Xunta tamén a listaxe de entidades admitidas na terceira edición do programa Coñece a túa provincia  da Deputación,que nesta terceira convocatoria ofrece un total de 3.036 prazas e que se celebrará novamente en dúas quendas: na primavera e no outono. En concreto, a institución provincial recibiu para o ano 2023 solicitudes de 216 colectivos, das cales foron admitidas 136 seguindo a orde de inscrición, tal e como sinalan as bases.

Ademais aceptáronse 77 entidades que entran na listaxe de agarda e tres solicitudes foron excluídas por non cumprir con algún dos apartados da convocatoria. A relación de todas as solicitudes -admitidas, en agarda e non admitidas- publicarase mañá no Boletín Oficial da Provincia.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...