HomesociedadeIsabel Rodríguez pon en valor en Samos as formacións prácticas para a...

Isabel Rodríguez pon en valor en Samos as formacións prácticas para a xente nova co Programa Cultiva

O programa do Ministerio de Agricultura ten como obxectivo ofrecer, a persoas menores de 41 anos que iniciasen a súa actividade agraria nos últimos 5 anos, formación práctica de 5 a 14 días en explotacións modelo, “onde teñan a oportunidade de adquirir e consolidar coñecementos sobre aspectos técnicos e de xestión que logo aplicarán no desenvolvemento da súa propia actividade agraria”, asegura Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Programa Cultiva ofrece aos novos agricultores e gandeiros estancias formativas en explotacións modelo de toda España, conta cun orzamento de 1 millón de euros do Ministerio de Agricultura. Así, Andrés Laso, que ten un cebadeiro de vacún en Palencia, leva unha semana coñecendo de primeira man o traballo que desenvolve Miguel Gallego, propietario dunha granxa extensiva de produción e reprodución de vacún de carne en Samos, que conta con 20 cabezas, principalmente da raza rubia galega, amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega. Este gandeiro lucense xa participou na edición anterior do programa visitando varias explotacións en Cantabria e Cataluña para ampliar coñecementos e ser testemuña de como traballan noutras zonas de España.

En relación ao Programa Cultiva, o Goberno faise cargo dos gastos de aloxamento, manutención e transportes dos participantes nas estancias formativas. Coa de Samos, na provincia participan 4 explotacións modelo de acollida situadas en Navia de Suarna, Guntín e Friol. En cada unha hai un responsable de formación encargado de transmitir, desde a súa experiencia e tipos de produción, coñecementos prácticos e técnicos que os mozos poidan despois aplicar nas súas explotacións.

Na asignación das estancias formativas o Ministerio de Agricultura priorizou as persoas máis recentemente instaladas, as mulleres agricultoras e gandeiras e aqueles que non participasen no programa do pasado ano. Ademais da formación, as estancias tamén inclúen técnicas complementarias a outros organismos, entidades, asociacións, cooperativas e/o explotacións próximas.

Porgrama Cultiva Samos / Subdelegación do Goberno

A subdelegada referiuse tamén aos 220 millóns de euros ao ano que o Goberno de España destina coa nova Política Agraria Común (PAC) exclusivamente para incorporar aos mozos e mozas á actividade agraria, garantindo, deste xeito, o futuro do sector. “Unha mostra máis das políticas públicas do Goberno coas que queremos lograr asentar proxectos de futuro nas zonas rurais con iniciativas innovadoras, sostibles e ecolóxicas”, engadiu

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...