HomesociedadeVeciñanza de Belesar demanda que as administracións favorezan as iniciativas privadas para...

Veciñanza de Belesar demanda que as administracións favorezan as iniciativas privadas para impulsar o turismo “como fan noutras zonas da Ribeira Sacra”

Un grupo de veciños da parroquia de Belesar en Chantada asegura que dende hai anos lévanse poñendo en marcha iniciativas de carácter turístico para o aproveitamento do tirón que adquiriu esta zona, "iniciativas que non sempre contan co apoio das administracións públicas e que, nalgúns casos, mesmo sofren atrancos por parte destas", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta veciñanza refírese a dous proxectos en marcha, un furancho amparado pola nova normativa ao respecto e un hotel. Aseguran que estes proxectos se ven paralizados pola negativa da Deputación Provincial a outorgar os permisos pertinentes. “Esta parálise supón un quebranto económico para os promotores de ditos proxectos así como un lastre para a oferta turística da zona. Unha situación de parálise que non se dá noutras zonas da Ribeira Sacra onde todo son facilidades e achegas económicas.”

Lamentan que na parroquia de Belesar se conte cun local de hostalería “con participación da Deputación Provincial, e que o servizo non teña horario fixo, dubidamos de que conte coa licencia necesaria para funcionar.”

Aseguran estes veciños que piden trato conforme á normativa vixente sen reclamar trato de favor, “tan só queremos que non se poñan atrancos ás iniciativas privadas que redundarán en beneficio de toda a parroquia.”

ÚLTIMAS

O grupo de saxos ‘Mezzo Quartet’ abre o ciclo ‘Música no outono’ de Sober

O vindeiro sábado, 15 de novembro, terá lugar en Sober a primeira actuación do...

Achan morto a un octoxenario nunha mina de auga en Sober

Un octoxenario foi achado morto este luns nunha mina de auga no lugar de...

Remata a primeira fase da recuperación da Casa Escola de Meixonfrío en Taboada

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo...

A DomusVi de Monforte asegura que “as denuncias do BNG non atenden á realidade do centro”

Segundo a DomusVi de Monforte o caso que denunciaba o BNG e recolleu XdL,...