HomesociedadeO Saviñao prepárase para os días grandes do Entroido

O Saviñao prepárase para os días grandes do Entroido

O domingo 19 organizan unha ‘Gran Festa” infantil e o martes 21 o desfile de comparsas e disfraces.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a celebración dos tradicionais xoves de compadres e comadres o Concello do Saviñao traballa para ofrecer aos máis cativos unha ‘Gran Festa de Entroido’.

Será o domingo 19 no Pavillón Municipal de Escairón, e con entrada de balde para todas e todos os que se acheguen alí pola tarde a partires das 17:00 h., haberá unha chea de posibilidades para o divertimento: desfile de disfraces e photocall, carriño de ‘perritos e palomitas’, chocolate con churros, inchables, Xrun con caída libre, tren infantil, malabaristas e globoflexia.

E xa o martes, 21 de febreiro, dende as 17:00 h. desenvolverase o ‘Desfile de Comparsas e Disfraces individuais’ polas rúas de Escairón amenizado pola charanga KM Cero. Ao remate haberá unha pancetada e chocolate con churros ademais de música a cargo do Trío Manhattan.

Desfile de comparasas en Escairón (2022). Foto: Concello do Saviñao.

PREMIOS

Para fomentar a participación no desfile o Concello do Saviñao ofrece diferentes premios por categorías. Tres premios, de 300, 250 e 150 € na categoría xeral de comparsas diferenciando grupos de menores de 14 anos e maiores de 14 anos; 60 e 30 € para os mellores disfraces individuais; 50 € para premiar a mellor animación e mellor carroza e outros premios de 60 e 100 € para recoñecementos especiais a comparsas participantes.

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...