HomesociedadeFemforte celebra o 8M con andaina, música e manifesto

Femforte celebra o 8M con andaina, música e manifesto

Todos os actos da celebración do 8M promovidos por Femforte contarán cun decorado realizado pola Asociación Albores Saúde Mental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Femforte aseguran que cada ano contan con máis apoios na conmmemoración do 8M e destacan a implicación doutras entidades de Monforte, “porque neste camiño que ten por meta a igualdade, o noso sentir é que temos que participar todas e todos. As nosas propostas foron moi ben recibidas e agradecemos a boa disposición que nos atopamos”, aseguran.

Así comezan o domingo, 5 de marzo, ás 17:00h cunha andaina cara o 8M que sairá da Praza de España e rematará na Praza da Compañía. Ten unha duración de 1 hora. Esta actividade realízase coa colaboración de varios comercios monfortinos, que doan agasallos para quen participe.

Para o mércores 8 de marzo, Día Internacional da Muller, contarase a partir das 20:00h cunha actuación de Paula Díaz e Fran Puch da Escola de Música Moderna, na Praza de España. En caso de choiva, trasladarasee ao Salón de Actos da Casa da Cultura.

Posteriormente, ás 20:30 horas, lerase o manifesto e pecharase o acto con micro aberto para aquelas mulleres que queiran participar.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...