HomesociedadeFrancisco Conde na inauguración da nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios

Francisco Conde na inauguración da nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios

O proxecto, financiado pola Fundación Iberdrola España, conta cun investimento de 90.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou este serán na inauguración da nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos, que tal e como sinalou, “contribúe a incrementar o valor deste conxunto, un edificio de gran valor patrimonial declarado Ben de Interese Cultural”.

O proxecto, cun investimento de 90.000 euros, foi financiado pola Fundación Iberdrola España. A intervención, que se realizou en gran parte sen a axuda de andamios, correu a cargo dun equipo de electricistas especializados en traballos de altura instalándose ademais nas cornixas unha serie de tiras led deseñadas coa fin de garantir un alumeado uniforme.

Cos devanditos traballos conséguese gañar en eficiencia enerxética e resaltar os elementos arquitectónicos e artísticos, entre os que destaca o gran retablo barroco de Francisco de Moure.

ÚLTIMAS

O 23 de maio, XI Festival do Paradiso co retorno dos poetas afogados

Náufragos do Paradiso, anunciaba en agosto do 2023 na súa sede da Rúa Roberto...

Ferida unha muller ao colidir unha moto e un vehículo no concello de Sober

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu conta do accidente...

As obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco retomaranse en outubro

A obra conta cun investimento global de 8,3 millóns de euros e permitirá mellorar...

As Pistas de Tenis Municipais de Chantada estrean iluminación led

Esta actuación na que se invisten case 8.000€ de fondos propios supón un importante...