HomesociedadeA Deputación aproba un investimento de 100.000€ para a mellora de vías...

A Deputación aproba un investimento de 100.000€ para a mellora de vías en Láncara

Acometerase un proxecto de mellora da beirarrúa e do firme da rúa Antonio López Quiroga, na Pobra de San Xiao, así como de vías municipais nos núcleos Augalevada, Vilouzán, Galegos, Ariz e Bande.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo aportará 100.000€ ao Concello de Láncara para acometer estas obras, o que representa o 92,5% do orzamento total necesario para as actuacións, mentres que o Concello aporta a cantidade restante.

García Porto explicou que o proxecto da rúa Antonio López Quiroga “inclúe o recheo da beirarrúa e a rehabilitación do firme, co que mellora as condicións de accesibilidade e de seguridade da vía, na que se sitúan as vivendas sociais, e complementa os traballos que o Concello de Láncara leva a cabo para a construción da glorieta de acceso á Pobra de San Xiao que modifica o acceso existente a esta vía”.

No caso das pistas municipais ao seu paso polos núcleos de Augalevada, Vilouzán, Galegos, Ariz e Bande, as obras consisten na renovación do firme, o que contribuirá á mellora dos servizos públicos dos veciños e veciñas do rural e tamén beneficiará á actividade agrogandeira e forestal na localidade.

Con este investimento, a Deputación “leva investido no que vai de mandato no concello de Láncara practicamente 2M€ para ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza”, destacou a voceira socialista, “Dende 2019, a institución provincial achegou fondos para a humanización integral da avenida Benigno Quiroga, para a mellora do firme doutra decena de rúas, o soterramento de liñas de media tensión, o acondicionamento de accesos e camiños nunha quincena de parroquias, a modificación de sumidoiros ou a adquisición de terreos e inmobles do Adif para poñelos a disposición da veciñanza como unha gran espazo público.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...