Homesociedade35.000€ na mellora da accesibilidade ao Espazo Xove de Chantada

35.000€ na mellora da accesibilidade ao Espazo Xove de Chantada

A Consellería de Política Social e Xuventude vén de mellorar a accesibilidade ao Espazo Xove de Chantada coa instalación dunha plataforma elevadora na entrada ao edificio. O delegado territorial, Javier Arias, comprobou esta semana o resultado da actuación, que supuxo un investimento próximos aos 35.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra incluíu a eliminación da escaleira para substituíla por unha plataforma elevadora con capacidade para cadeiras de rodas, co obxectivo de eliminar barreiras arquitectónicas e garantir o acceso a persoas con mobilidade reducida. Tamén se mellorou un segundo acceso ao inmoble ampliando a escaleira existente para adaptala á normativa vixente.

Arias destacou que os Espazos Xove da Xunta ofrecen aos usuarios un conxunto de actividades e servizos orientados aos mozos e mozas da contorna. Ademais, o de Chantada alberga a Unidade de Atención Temperá que comparte este Concello cos de Taboada e Carballedo e que está financiado pola Administración autonómica cunha achega de 293.000 euros ata o ano 2024.

O delegado lembrou que este recurso, moi demandado polas familias, ten por obxecto responder o antes posible ás necesidades que presenta a poboación infantil de ata 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. No centro chantadés, unha psicóloga, unha logopeda e unha mestra de Infantil atenden gratuitamente a 40 nenos e nenas, e en breve sumarase ao equipo unha terapeuta ocupacional.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...