HomesociedadeComezan as obras da senda peonil na LU-617, na contorna do cemiterio...

Comezan as obras da senda peonil na LU-617, na contorna do cemiterio monfortino

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na estrada LU-617 na contorna do cemiterio de Monforte de Lemos e do CEIP A Gándara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que se acometen os traballos previos para comezar coa demolición do pavimento actual despois das vacacións de Semana Santa. A actuación conta cun orzamento de case 40.000 euros e consistirá na construción dunha senda peonil nun tramo de 200 metros (entre os puntos quilométricos 0+600 e 0+800), completando así un itinerario seguro dende o acceso ao cemiterio ata a rúa María Paz de Tor, na que se atopa o colexio público da Gándara.

As obras incluirán a pavimentación das beiravías con 25 centímetros de zahorra de canteira e 15 de formigón continuo, reforzado con mallazo. Colocarase, ademais, un bordo prefabricado de formigón de 22×15 centímetros en toda a lonxitude das beirarrúas. Tamén se executarán pasos de peóns e colocarase pavimento táctil na execución dos vaos.

Ademais, para a recollida das augas superficiais prevese a execución de sumidoiros ao longo da traza, que se conectarán á rede de pluviais existente. Prevese, ademais, a canalización do alumeado público e dun prisma de catro tubos para a rede de telecomunicacións, coas súas arquetas correspondentes.

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...