HomesociedadeEn tres anos o Polígono do Reboredo pasa do 30% de parcelas...

En tres anos o Polígono do Reboredo pasa do 30% de parcelas ocupadas ao 100%

Suelo Empresarial de Atlántico, SEA, sociedade dependente do Ministerio de Transportes, conseguiu alcanzar unha ocupación do 100% no seu polígono empresarial de Reboredo, en Monforte de Lemos, ao adxudicar este 2023 as tres últimas parcelas que quedaban libres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Consello de Administración que veñen de celebrar fíxose oficial a adxudicación dun total de 16.740 metros cadrados do polígono de Monforte. En concreto, unha das compañías fíxose con 3.000 m2 e a outra, con dúas parcelas: unha de 3.480 e a outra que quedaba de maiores dimensións, a de 10.260 m2.

A ocupación do polígono fai apenas tres anos roldaba o 30%. A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, expresou a súa satisfacción ante unha excelente noticia que, “máis aló das cifras, será un revulsivo para o emprego, para o desenvolvemento económico da comarca, para a implantación de poboación e para o mantemento dos sectores produtivos xa existentes na zona”.

O esgotamento do chan dispoñible en Monforte de Lemos, explicou, “demostra o éxito das políticas e a estratexia desenvolvida desde SEA e o Concello para impulsar o parque empresarial, que xa conta con importantes compañías como Indukern, Oviganic ou Lincold Ibérica”.

O parque empresarial de Monforte ten unha superficie total de 365.675 metros cadrados e é un dos de maiores dimensións dos polígonos xestionados por SEA. A súa ocupación ao 100% súmase á lograda nos dous últimos anos nos de Rianxo e A Pobra do Caramiñal.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...