HomesociedadeRematada a recuperación da Ponte Medieval do Castelo en Quiroga

Rematada a recuperación da Ponte Medieval do Castelo en Quiroga

A ponte, situada no Camiño de Inverno (moi preto do Castelo dos Novais) sobre o río Castelo das Eiras, presentaba un estado de conservación aceptable en canto á conformidade estrutural e morfolóxica, pero perdera a protección das beiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ponte medieval do Castelo que forma parte tamén da Ruta da Encomenda recuperouse cunha axuda de máis de 32.000€ (32.145 €) do Plan de Sostibilidade da Ribeira Sacra do Consorcio de Turismo. A deterioración do pavimento obrigou a reconstruír 45 m2 a base de canto rodado con morteiro en seco, adaptando o novo ao xa existente. Polos vestixios aínda visibles sabíase que esta ponte de orixe medieval, tiña un peto de protección nas beiras (de 75 cm de alto e 50 cm de espesor) para evitar caer o baleiro, realizado en cachotería a base de lousa. Este muro de protección foi preciso reconstruílo na súa totalidade, respectando os vestixios existentes.

As obras de recuperación da ponte rematáronse coa limpeza da pedra e a contorna retirando vexetación invasiva na zona da ponte. Esta infraestrutura, que forma parte do camiño de entrada a Galicia seguindo o curso do río Sil, hoxe Camiño de Inverno a Compostela, foi realizada con fábrica de xisto. Consta dun van e arco central dun único punto, cunha altura de 8 m., ancho de 3.75 m. e unha lonxitude de máis de 15 m.

Con actuacións como esta téntase “revalorizar os recursos turísticos existentes no municipio como instrumento de crecemento económico.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...