HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela coñece Cantabria

Alumnado do IES A Pinguela coñece Cantabria

A viaxe enmarcábase nun programa do Ministerio de Educación para tratar, xunto con outros institutos do estado, un tema común: "Diversidad Medioambiental y uso sostenible del agua en nuestras comunidades".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a última semana do segundo trimestre do curso, o alumnado de 2º ESO do IES A Pinguela monfortino participou no segundo encontro da Agrupación de Centros Educativos que organizou en Cantabria o IES La Marina de Santa Cruz de Bezana.

Segundo explica o director, Enrique Sampil, “a agrupación foinos concedida polo Ministerio de Educación para traballar o tema común Diversidad Medioambiental y uso sostenible del agua en nuestras comunidades e estivo conformada polos institutos Las Salinas (Lanzarote), Valle del Segura de Blanca (Murcia), La Marina de Santa Cruz de Bezana (Cantabria) e o noso IES A Pinguela de Monforte de Lemos (Galicia)”.

Durante a estancia na comunidade montañesa tiveron oportunidade de coñecer os ‘Fuente Dé, nos Picos de Europa, subindo ao teleférico e ao mirador –situado a 1823 metros de altitude–, a localidade de Potes e o Mosterio de Santo Toribio de Liébana, coincidindo neste caso coa celebración neste 2023 do Año Jubilar Lebaniego. “Recibiunos e agasallounos o equipo de goberno do concello de Santa Cruz de Bezana antes de dirixirnos a Santander para realizar unha visita guiada pola fermosa capital cántabra”, comentaba o director.

Na estancia tiveron ocasión de facer unha fermosa ruta de sendeirismo por Costa Quebrada desde San Juan de la Canal ata a praia de La Arnía e coñeceron as Dunas de Liencres. Tamén desfrutaron da visita ó Parque de la Naturaleza de Cabárceno.

Visita aos Picos de Europa. Foto: IES A Pinguela.
Visita a Cabárceno. Foto: IES A Pinguela.

O último día viaxaron ata Comillas para visitar a la Universidade Pontificia, onde presentaron os traballos realizados polos alumnos dos distintos centros relacionados coa auga, a temática do proxecto. Pasearon
por Comillas e coñeceron o fermoso Capricho de Gaudí. Tamén se trasladaron a Santillana del Mar para admirar a fermosa localidade e visitar la réplica das Covas de Altamira e o seu museo.

Visita ás Covas de Altamira. Foto: IES A Pinguela.

A xornada rematou cunha festa de despedida no instituto La Marina onde Miguel Cadavieco, rabelista dedicado á difusión da música popular cántabra ofreceu un recital de música popular. Neste momento estiveron acompañados polo Vicepresidente do Goberno de Cantabria, D. Pablo Zuloaga Martínez.

Ademais, aproveitando a viaxe de ida e volta fixeron dúas paradas de interese. Na de ida coñeceron algo Gijón e na de volta Aguilar de Campóo e León.

“Foron uns días moi ben aproveitados nos que o alumnado consolidou amizades doutras comunidades e fixo outras novas e traballaron os moi distintos xeitos de aproveitar os recursos hídricos nas nosas comunidades”, concluía Enrique Sampil.

ÚLTIMAS

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque...

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a...