HomesociedadeArrinca o programa 'Actívate' da Deputación

Arrinca o programa ‘Actívate’ da Deputación

Os días 15 e 16 de abril desenvolveranse actividades en Monforte de Lemos e Chantada. A finais de mes outras dúas actividades terán lugar en Folgoso do Courel e Taboada, quedando para maio outra en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu este luns 10 de abril o prazo para inscribirse nas actividades gratuítas do programa Actívate, unha inciativa que a institución provincial desenvolve por terceiro ano consecutivo para promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia.

As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo o formulario de inscrición que estará dispoñible na páxina web inscricions.deputacionlugo.org e na de turismo.deputacionlugo.gal

A programación arrincará este 15 de abril en varios concellos da provincia. No sur de Lugo haberá dúas actividades programadas para a fin de semana. En Chantada está programada para o sábado 15 unha ruta BTT e kaiak polo río, mentres que o domingo 16 os e as participantes poderán elixir entre paddle surf ou kaiak para realizar unha ruta polo río Sil, en Monforte de Lemos.

As inscricións para as vindeiras actividades abriranse progresivamente todos os venres, ás 8 da mañá, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta.

O Actívate chegará nesta terceira edición a 18 concellos da provincia durante as fins de semana dos meses de abril e maio. A programación inclúe desde propostas deportivas para os máis atrevidos cun nivel medio-alto de dificultade, como un raid de aventura, surf, kaiak no mar, escalada ou barranquismo, ata iniciativas de dificultade media-baixa, como pode ser o cicloturismo histórico, o paintball ou a iniciación á equitación. Nesta ocasión contará cun total de 300 prazas, entre 15 e 20 por actividade.

Durante a xornada, os participantes contarán cos materiais e equipamento necesario para levar a cabo a actividade, cun guía ou monitor especializado, e un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

OUTRAS DATAS E ACTIVIDADES PARA ABRIL E MAIO

Para o 30 de abril haberá Escalada I e II na aldea de Visuña, no Concello de Folgoso do Courel; e pola tarde iniciación á equitación, en Taboada.

O 13 de maio está programada unha actividade de Barranquismo no Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...

Apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación en Monforte

O Concello de Monforte oferta nas súas Escolas Deportivas un total de 8 actividades, con...

Perto dun milleiro de visitantes fixeron xa a senda divulgativa do Viveiro dos Trollos en Bóveda

A senda divulgativa do Viveiro Forestal dos Trollos poñíase en marcha no mes de...