HomesociedadePeche temporal do Parque Infantil da Compañía

Peche temporal do Parque Infantil da Compañía

O Concello de Monforte informa do peche provisional para que a empresa Calfensa Proyectos poida levar a cabo unhas obras de subsanación na zona de xogos e proceder a cambiar o caucho do piso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O parque infantil da Compañía, que foi completamente renovado a principios do ano 2021, presenta unha serie de deficiencias no piso de caucho, que non son xustificables polo escaso período de tempo transcorrido dende a súa colocación.

Esta circunstancia foi a que ocasionou a intervención do Alcalde para requirir á empresa responsable das obras de ampliación e mellora do mesmo, e que se fixese unha análise da situación que concluíu cun informe no que se determina que o deterioro está ocasionado pola colocación dunha partida defectuosa de caucho.

Ante esta información, o Equipo de Goberno procedeu a requirir á empresa para que levantase o piso defectuoso e volvese a colocar un caucho novo, que garantice que o parque estea en condicións óptimas para ser usado pola xente en xeral e polos pequenos en particular.

A renovación do piso vaise levar a cabo a semana que vai do 17 ao 21 de abril, período no que permanecerá pechado aos usuarios e usuarias para garantir a seguridade dos nenos e nenas. A empresa comunicou que lamenta os prexuízos ocasionados e asume a reparación dos desperfectos.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...