IniciosociedadeA primeira fin de semana de maio a Feira do Viño de...

A primeira fin de semana de maio a Feira do Viño de Vilachá celebra 30 anos

A Feira do Viño de Vilachá, no concello da Pobra do Brollón, celebra a súa trixésima edición do venres 5 ao domingo 7 de maio. A cita suma un día máis de festa, engadindo o venres 5. A Feira deste ano contará tamén cun Punto Lila a cargo da asociación Femforte en colaboración coa área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Feira do Viño de Vilachá mantén as novidades incorporadas na edición do ano pasado co obxectivo de aumentar o perfil enolóxico da oferta vinícola. Este ano créanse dous circuítos, un de colleiteiros e outro de adegas. As adegas deben posuír viñas na ribeira de Vilachá, participando Tolo do Xisto, Bico de Lagar, Val do Frade, Adega Curuxo, Acivro, Adega Sernande e Adega Vella. A maiores, participa a adega Petrón, que compra uva en Vilachá; e nesta edición créase a figura de “adega convidada” que neste caso será Malcavada

O “circuíto colleiteiros” recolle a esencia de Vilachá, unha ribeira que aínda conserva un sistema produtivo bastante tradicional. Como o ano pasado, os colleiteiros deberán certificar a calidade e seguridade dos viños ofrecidos mediante as correspondentes analíticas e certificacións. Participan as adegas Couso, Morales, José Rodríguez López, Outeiro, Pedro, Os Conventos e Aridas.

Os colleiteiros participantes poderán optar polo premio do xurado e do público. O sábado e domingo haberá un posto onde se facilitará aos público as tarxetas de votación, que deberán ir seladas por todos os colleiteiros para poder emitir o voto.  

Tres catas comentadas

A programación desta 30 edición contempla tres catas comentadas. A primeira abre a Feira, o venres ás 20:00 horas. Será unha cata itinerante que circula por cinco adegas: Val do Frade, que presenta nova etiqueta; a nova Adega Curuxo, e mais as adegas Tolo do Xisto e Adega Vella. Serán os propios viticultores os que comentarán os viños.

A segunda cata é o sábado ás 12:30, a cargo do enólogo, Juanjo Figueroa e do técnico en turismo e cultura, Xosé Gago. Nesta actividade, probaranse varios viños de adegas e colleiteiros, que poden ter presenza na feira ou non. Será unha cata diferente, cunha perspectiva holística centrada nas persoas e nas paisaxes detrás dos viños.  

Ambas as dúas catas teñen un prezo de 15€, que inclúe a copa da organización. As prazas son limitadas e é preciso inscrición previa no teléfono 650624828.

A última cata pecha a feira, o domingo ás 19:00 h. Trátase dunha cata-concurso aberta ao público, no que o xurado probará e comentará os viños do circuíto de colleiteiros para elixir o gañador do premio do xurado.  

A música terá presenza na Feira. O gaiteiro asturiano Bras Rodrigo dará o pregón o domingo ás 13:00 h, coa participación de alumnado da Escola de Música Municipal Samoeiro. Contarase cunha pequena actuación das Brindeiras da Guimaralia, con alumnos dos obradoiros de brindos que se levan facendo nos últimos meses na Pobra do Brollón. As Brindeiras da Guimaralia estarán circulando ao longo do domingo xunto con catro grupos de cantos de taberna para animar a feira. Igualmente, o sábado haberá oito agrupacións de cantos poñendo música e festa ao longo da xornada. O venres actuará o grupo Habelas Hainas.

Como todos os anos, instalaranse postos de polbo, contarase con zona gastro na praciña de abaixo, na que se ofrecerán pizzas artesá, postos variados (embutidos, queixos, xeados…) e varias adegas levarán opcións culinarias: Adega Pedro terá un posto de callos nas noites do venres e do sábado. Adega Couso tamén ofrecerá empanadas á venda na mesma adega ao longo da Feira.

vilachá

ÚLTIMAS

Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que...

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará...

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta...

O PP de Monforte acusa a Tomé “de tapar os problemas de abastecemento con bombas de fume como a supresión dos pasos a nivel”

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como que as parroquias...