HomesociedadeDía Viño D.O. o 13 de maio co lema "Denominacións de Orixe,...

Día Viño D.O. o 13 de maio co lema “Denominacións de Orixe, patrimonio colectivo”

O 13 de maio celébrase a festa do viño D.O. Ese día, 33 denominacións de orixe de viño de España levarán a cabo diferentes actividades en lugares emblemáticos dos seus territorios, cun brinde colectivo e simultáneo como acto central en todas elas, que terá lugar ás 13.30h (ás 12.30h, en Canarias).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra súmase este ano á acción para o celebrar o Día Viño D.O. no Centro do Viño da Ribeira Sacra, despois de brindar en edicións anteriores nun catamarán polo Sil ou na igrexa de Diomondi, rehabilitada como albergue do Camiño de Inverno. O Presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, asegura que, “O 13 de maio brindamos polo traballo que facemos todos cada día para manter o territorio que habitamos, enxalzamos o viño con D.O. que leva o nome do noso terra e do noso esforzo por todo o mundo”.

O Día Viño D.O. celebrará este ano a súa sétima edición e farao baixo o lema “Denominacións de orixe, patrimonio colectivo”, co que reivindicar que unha D.O. conforma e preserva un patrimonio, formado por persoas, produto e territorio. Tras as persoas, vocación, saber-facer e paixón. Tras o produto, o froito dunha terra e dun coñecemento acumulado durante décadas, que xera ingresos que quedan na zona e dinamizan a súa economía. E tras o territorio, unha paisaxe e unhas condicións naturais e históricas únicas para a produción de uva e para a elaboración de viño.

A celebración do Día Viño D.O., acción colectiva que, desde que naceu en 2017, a iniciativa da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas, ten unha aspiración permanente: botar a semente para que se declare oficialmente un Día do Viño en España e lograr así que este sector teña, anualmente, unha data coa que visibilizar ante a sociedade o que supón e o que achega o viño ás zonas rurais, ás súas xentes e ao conxunto do país. Trátase, ademais, dunha pretensión apoiada por unha proposición non de lei aprobada no Congreso dos Deputados en 2017, que insta o Goberno a declarar o Día do Viño. Dita proposición foi presentada a proposta de CECRV e logrou o respaldo maioritario dos grupos parlamentarios.



ÚLTIMAS

Coñece todos os detalles das Festas de San Xoán en Sarria

Sarria comeza a conta atrás para darlle a benvida ao verán coas súas tradicionais...

A Xunta recibe 600 solicitudes de proxectos de desenvolvemento rural para o plan Leader

María José Gómez salientou que se recibiron preto de 600 solicitudes para a posta...

O 23 de xuño abren as Piscinas Municipais do Concello de Chantada

O Concello de Chantada programa para este verán ampliar o servizo da Piscina Municipal,...

Esperta Monforte alza a voz en defensa do Malecón

Desde Esperta Monforte aseguran defender o Malecón como espazo esencial para a cidade, "un...