IniciosociedadeO servizo de lanzadeira confírmase como necesario para controlar o aforo en...

O servizo de lanzadeira confírmase como necesario para controlar o aforo en puntos clave da Ribeira Sacra

Na pasada Semana Santa poñíase en marcha unha proba piloto para dar servizo de acceso a un dos recursos máis visitados do xeodestino, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil; un recurso que, polas características da súa ubicación, carece de espazo de estacionamento suficiente, polo que a xestión do tráfico na contorna en momentos de maior afluencia turística non é doada e pon en perigo o propio monumento dado o elevado número de vehículos rexistrados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tralo éxito desta proba, con 5.200 usuarios entre o 1 e o 9 de abril, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra decide retomar o servizo para outra das pontes máis concorridas do calendario. Así este servizo gratuíto estivo en funcionamento entre o sábado e o luns (incluídos), en horario de de 11:00 a 14:30 e de 15:45 a 19:30 horas. A reserva previa de prazas non era precisa, xa que as frecuencias da lanzadeira foron continuas nesa franxa horaria.

“Confirmouse novamente a necesidade dun servizo coma este para protexer e controlar os aforos nos recursos máis vulnerables; un total de 2.272 persoas fixeron uso do servizo durante os 3 días da ponte. O domingo e o luns foron as xornadas con máis afluencia de visitantes, rexistrándose cifras iguais ás dos días centrais da Semana Santa,” aseguran desde o Consorcio de Turismo.

O servizo financiouse con cargo á partida de Transportes Sostibles do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, na que tamén se recollen iniciativas semellantes como as lanzadeiras á Praia da Cova ou á do mosteiro de Santa Cristina, que leva 2 anos en funcionamento.

O xeodestino Ribeira Sacra supera as expectativas de ocupación nesta ponte de maio

A ocupación dos aloxamentos sitúase nun 85%:

  • Hoteis 4 e 3*: 97,5% (+7,5% sobre previsións)
  • Turismo Rural: 84% (+7% sobre previsións)
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 85% (+6% sobre previsións)
  • Outros aloxamentos: 74 % (+8% sobre previsións)

Cos datos recollidos supéranse nun 7% as previsións que os aloxamentos tiñan a mediados da semana pasada. “Estamos ante as cifras de ocupación para esta ponte máis altas dende que temos rexistros; son un 21% superiores ás do ano pasado”, afirman desde o Consorcio.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....