Xa se coñece o gañador do concurso de carteis das Patronais de Monforte

O Alcalde do Concello de Monforte vén de informar que o xurado do Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2023 fallou a favor do autor Rubén Lucas García. Este mesmo creador xa gañara o certame do ano 2021.

Casa Consistorial Monforte / Concello de Monforte

O cartel gañador foi escollido entre quince traballos presentados que pertencían a 10 participantes diferentes de procedencia diversa. Nove eran obras presentadas dende Monforte, tres dende Murcia, unha dende A Coruña, unha dende Castro Caldelas e outra dende Escairón.

O xurado, composto por sete persoas de ámbitos sociais, educativos e culturais diferentes, decidiron tras cinco rondas de clasificación, aos tres finalistas que se disputaron o premio final. O cartel seleccionado polo xurado, pertence a un concursante de Murcia que xa participou noutras edicións deste concurso, chegando incluso a ser declarado gañador no ano 2021.

Tal e como se explicaba nas bases que establecen os requisitos a cumprir para a presentación dos deseños, establécese un único premio que será o cartel anunciador e a portada do programa das Festas 2023 e que está dotado cunha cantidade de 1.000 euros, impostos incluídos.

PROPIEDADE INTELECTUAL SOBRE A OBRA

O cartel quedará en poder do Concello de Monforte de Lemos e aínda que a propiedade intelectual do traballo gañador, corresponderá ao autor, non obstante, a concesión do premio levará consigo sobre o traballo gañador a cesión exclusiva e gratuíta en favor do Concello de Monforte de todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación por calquera modalidade, medio ou formato, incluídos os audiovisuais, os informáticos, os multimedia e os telemáticos.

CANDO SE COÑECERÁ O DESEÑO?

A presentación e divulgación do cartel premiado terá lugar en datas próximas, e tras o anuncio da programación musical que xa se fixo pública, os traballos de organización das Festas Patronais seguen o seu curso para que un ano máis poidan gozar delas veciños e veciñas de Monforte e visitantes que acudan á cidade nas datas que van do día 11 ao 16 de agosto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here