Homesociedade"Esta festa é unha homenaxe ao talento e ao traballo", asegura Guasch...

“Esta festa é unha homenaxe ao talento e ao traballo”, asegura Guasch no pregón da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Esta fin de semana chegou a cuarta feira do viño na Ribera Sacra, despois de Chantada, Amandi e Vilachá, celebrouse a XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que tivo como pregoeiro este domingo ao xornalista e comentarista deportivo, Tomás Guasch.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Pantón é o único da Ribeira Sacra con tres ribeiras, a do Miño, a do Sil e a do Cabe. Esta fin de semana enxalzaba os seus viños coa participación de 9 adegas que este domingo recibían os seus agasallos por participar: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, CiudáSeis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura e Corzoás.

A cita inaugurábase o sábado coa participación do conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. Nesa xornada celebraríase a VI Romaría Festa da Empanada de Pantón, pola que as panadarías participantes recibiron tamén recoñecemento este domingo; Tuiriz, Tarrazo e Chimpa.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, abría o acto deste domingo no que estivo acompañado de alcaldes da contorna e outras aturidades como a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o conselleiro de Economía, Francisco Conde; o delegado territorial do gobierno gallego en Lugo, Javier Arias ou a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

Pregón Mostra de Viños Ribeira Sacra de Pantón 2023 / XdL

O xornalista, Tomás Guasch foi o encargado de dar o pregón no que fixo referencia á súa vinculación con Pantón, que considera a súa casa en Galicia e loubou a terra, a gastronomía, os viños, a Ribeira Sacra e as xentes, “Esta festa é unha homenaxe ao talento e ao traballo. Aquí estivo a man de Deus, a alma tamén vive nestas paraxes. Chámanlle a Pantón a Mesopotamia galegs con esas tres ribeiras. En Ferreira o día ten máis horas polo intenso e disfrutable. Viva o viño, o voso”, e desde o concello entregóuselle ao pregoeiro un agasallo de lembranza.

A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, reuniu a centos de veciños e veciñas da comarca, contando con actividades como degustacións e catas de viño, charangas e actuacións musicais.

Mostra de Viños Ribeira Sacra de Pantón 2023 / concello de Pantón

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...