HomesociedadeConcentración pola lingua no Día das Letras Galegas

Concentración pola lingua no Día das Letras Galegas

O 17 de maio a delegación da MESA Pola Normalización Lingüística no sur de Lugo convoca a entidades asociativas, e a toda a xente en xeral que queira participar, a unha concentración na Praza de España de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte de Lemos será unha das 8 cidades de Galicia que organiza unha concentración para celebrar o Día das Letras Galegas reivindicando a lingua de Rosalía.

A xuntanza para reivindicar “vivir en galego aquí e agora” será na Praza de España o 17 de maio ás 12:00 h. 

PROGRAMA

12:00 h. Concentración de entidades e particulares con acompañamento de Grupo Tradicional na Praza España.

12:10 h. Lectura de poemas en galego a cargo da poeta de Pantón Andrea López Otero, 3º Premio de poesía do certame Lingua para namorar 2023 (Categoría B de 20 a 35 anos).

12:15 h. Lectura do manifesto a cargo da escritora de Sober Moncha Prieto. Autora do libro ‘Alma de barro: Relatos da Ribeira Sacra’.

A continuación, agradecementos, interpretación e canto do Himno de Galicia como despedida do acto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...