HomesociedadeA Xunta de Goberno de Monforte aproba o inicio dos trámites do...

A Xunta de Goberno de Monforte aproba o inicio dos trámites do Plan Especial para a construción da praia fluvial

O alcalde, cumprindo co compromiso que anunciou recentemente, levou á Xunta de Goberno deste luns a aprobación de inicio dos trámites do Plan Especial para a construción dunha Área Recreativa e Praia Fluvial en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta aprobación supón o inicio do expediente de tramitación dunha dotación pública e gratuíta, á beira do río Cabe, que consistirá na creación dunha Área Recreativa e Praia Fluvial promovida polo Concello de Monforte. O primeiro paso é encargar aos Servizos de Contratación e Urbanismo, a redacción dos pliegos técnicos e administrativos para licitar a redacción do Plan Especial que é necesario para construír a dotación mencionada.

Un dos cometidos encomendados aos Servizos de Contratación é que o citado Plan Especial debe contar cos seguintes servizos: Azud desmontable (presa), praia fluvial cunha superficie de área que supera os 14.000 m2, zona verde con céspede e pradeira; accesos e aparcamentos para 366 vehículos; paseos para peóns, parque infantil, edificación para uso hosteleiro e aseos; parque infantil, almacén, peche perimetral, camiño exterior e mobiliario urbano, todo con enerxías renovables.

A outra das tarefas encomendadas ao Servizo responsable da redacción dos pliegos técnicos será refrendar, si fose o caso, a proposta de ubicación que fai o Concello, ou propoñer unha nova proposta que  teña en conta as posibilidades de disposición dos terreos para o fin que se pretende. O proxecto afectará a unha superficie total estimada en máis de 116.000 m2 “que estará formado por zonas diferenciadas de descanso e lecer, con características tamén diversas para poder abarcar os gustos desiguais dos visitantes e usuarios. Trátase por tanto, dunha dotación complexa e completa.”

O proxecto ten un custe estimado que ascende a 5.023.818,08 € e precisará de dous permisos, un da Confederación Hidrográfica e outro de Medioambiente ou do Instituto da Paisaxe da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...