IniciosociedadeXuntanza de traballos veciñais en Parteme á que convidan a asociacións e...

Xuntanza de traballos veciñais en Parteme á que convidan a asociacións e políticos para poñer en valor o rural

A asociación de veciños de Parteme, no Concello de Quiroga, convida este sábado, 20 de maio, a colaborar en traballos veciñais para despois festexalo cun xantar popular. Esta aldea de Quiroga vén denunciando nos últimos anos "o abandono municipal e a desatención do alcalde en canto ás necesidades básicas que ten a veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As necesidades de Parteme coñéceas o alcalde de Quiroga pero tamén as coñece a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, e ata a Defensora do Pobo que segue esperando as contestacións do rexedor quirogués. O seguinte paso que estuda a Asociación de Veciños é poñer en coñecemento do Parlamento Europeo estas carencias e desatencións municipais aproveitando a interlocución que se ofreceu a prestar hai poucos días a eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

Ademais destas medidas e co obxecto de ser escoitados para que se atendan as necesidades de Parteme, a asociación de veciños organiza un encontro veciñal o vindeiro 20 de maio para facer traballos de mantemento e limpeza no núcleo rural: limpeza de rúas, desbroce de camiños, recollida de lixo, etc. “Facer eses traballos que serían competencia do concello e que non fai, e que nestes anos vimos facendo nós”, din na asociación.

Para participar nestes traballos, ademais da presenza veciñal, convidaron a outras asociacións do Concello de Quiroga e aos partidos políticos que se verán as caras o 28 de maio. Polo de agora, xa confirmaron presenza os catro partidos políticos que se presentan ás municipais de Quiroga e a Federación de Asociacións de Veciños ‘Lucus Augusti’ “sendo esta un gran colaborador en todos os sentidos para nós. Mil grazas a Jesús Vázquez e todo o seu equipo, fan un traballo sobresaínte.

A convocatoria, aberta tamén a particulares que queiran achegarse, convida a vir con ferramentas (rodos, aixadas, desbrozadoras, fouces, rastrillos, etc) para traballar un pouco pola mañá e rematar despois cun xantar popular no que a veciñanza anfitrioa ofrece comida e bebida. “Un xantar rural total que será moi agradable, e fame non imos pasar”, comentan os organizadores. O obxectivo, en definitiva, “é festexar todos xuntos que o pobo fai posible o rural e que a unión da xente, coa colaboración dos que gobernan coa man aberta e boa predisposición, farán posible un rural vivo.” Engaden, “tamén reivindicamos que se todas as asociacións nos poñemos de acordo, co intercambio de traballos, poderemos axudarnos entre todos e darlle potencial ás aldeas de Quiroga en particular e ao rural en xeral”.

Carpa que teñen preparada para o xantar. Foto: Asoc. Veciños de Parteme.

Para organizar este encontro, comenta a entidade veciñal que fixo chegar un escrito ao Concello de Quiroga pedindo algún tipo de axuda, “como achega de maquinaria con condutor para facer desbroces, axuda que sería benvida pero que se non chega farémonos cargo de todo. A día de hoxe non tivemos contestación nin noticia algunha ao respecto”, comentan.

Asociación de Veciños de Parteme limpeza fonte / Foto cedida.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...