Homesociedade'Raizames', un Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra en Taboada

‘Raizames’, un Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra en Taboada

Os días 9, 10 e 11 de xuño Taboada convida a descubrir e desfrutar os viños da Ribeira Sacra dun xeito diferente. Unha celebración da cultura do viño que se traslada a través dun cruce de miradas artísticas, lúdicas, formativas e ata etnográficas, ao longo das diferentes accións programadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Raizames é unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (ACIMTA) que busca ser unha proposta diferenciadora, dentro do contexto das festas e feiras do viño.

Esta iniciativa ten como obxectivo presentar un modelo que procura a responsabilidade co entorno, no que prima a calidade sobre a cantidade, que fuxe de aglomeracións e que se materializa baixo unha diversificada programación cultural: faladoiros, paneis de experiencias, videoforums, roteiro, encontro de adegas da zona, encontro de mulleres do sector, viños contados por voces expertas e numerosas intervencións artísticas.

O primeiro Encontro da Cultura do Viño coloca o enfoque nas persoas. Establécese unha liña de comunicación e colaboración co tecido social e cultural da contorna; con persoas ou asociacións veciñais e parroquiais que están desenvolvendo iniciativas de preservación, coidado e difusión do patrimonio, que colocan a mirada sobre a especificidade do territorio e a paisaxe, e que contribúen a desenvolver posibilidades e novas maneiras de habitar un rural vivo, participativo e en benestar.

Cartel do evento

PRESENTACIÓN DA PROPOSTA

A programación está dirixida a todo tipo de públicos e constitúe Taboada como epicentro de confluencia entre habitantes e foráneos, entre profesionais do sector do viño e aficionados, entre a mocidade e a xente vella, entre produtores e consumidores. 

Raizames é a celebración da cultura do viño, que se traslada a través dun cruce de miradas artísticas, lúdicas, formativas e ata etnográficas, ao longo das diferentes accións programadas: a música, a danza, a poesía, ou a narración oral entrelazadas coas catas, as visitas a viñas ou adegas. 

Raizames programa en feminino, con especial atención en contar con artistas, axentes locais, técnicas, sumilleres, enólogas, viticultoras e docentes, mulleres. Búscase a mirada femenina, a perspectiva equilibrada sobre a realidade e posibilidades da Ribeira Sacra, sen sesgos. 

O Encontro desenvolverase en diferentes puntos do concello de Taboada, sendo a Praza de Riazón o punto de encontro central onde estará o ‘Espazo Viño’ con sesións temáticas e degustación de viños para o público asistente. Haberá tamén encontros na Casa da Cultura, un roteiro polas parroquias de ribeira e accións no Pazo de San Pedro de Bembibre.

En palabras dos organizadores, “Raizames preséntase como unha folla en branco, sobre a que se escribe por vez primeira en formato Encontro a riqueza lingüística, a tradición oral, o legado histórico, os saberes específicos da Ribeira, as maneiras de celebrar, os sentires identitarios da comunidade. Mostra o territorio dende o prisma de quen lle deu forma”.

O proxecto está apoiado pola Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Vicepresidencia da Deputación de Lugo –CulturaDeputación de Lugo –Turismo–, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Concello de Taboada.

Tamén colaboran: A túa Xanela, Fundación Condado de Taboada e Caixa Rural Galega.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...