HomesociedadeReactivados os avisos para queimas agrícolas

Reactivados os avisos para queimas agrícolas

As comunicacións poden realizarse a través da web habilitada ao efecto ou chamando ao teléfono 012.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta reactivou o pasado 29 de maio as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares. Ao efecto de realizar as devanditas comunicacións, sempre con dous días de antelación á queima, a Xunta habilitou unha páxina web e o teléfono 012.

No portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.  

Ás persoas interesadas preguntaráselles tamén se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación.

RESTOS FORESTAIS

Dende o 29 de maio retómanse tamén as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

As comunicacións e autorizacións de queimas deste tipo de restos forestais tamén se farán a través do 012 ou da web da Consellería do Medio Rural. Estas son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...