HomesociedadeSober contará con stand propio no XII Salón Turístico de Galicia

Sober contará con stand propio no XII Salón Turístico de Galicia

O evento celebrarase no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) entre os días 8 e 11 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O XII Salón Turístico de Galicia desenvolverase entre os días 8 e 11 de xuño en Silleda, e de forma paralela celébrase FESTUR, a IX Feira de Festas de Galicia, un atractivo extra para as celebracións declaradas de Interese Turístico, como é o caso da Feira do Viño de Amandi.

O Concello de Sober contará por primeira vez cun stand individual (número A.39) onde poder mostrar os seus atractivos, explicar aos asistentes as súas peculiaridades e distribuír material promocional.

A presenza nesta feira forma parte das accións que impulsa o Goberno local para que a Feira do Viño de Amandi sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...