HomesociedadeVolven a Tirolina, o Rocódromo e os Karts a pedais a Monforte

Volven a Tirolina, o Rocódromo e os Karts a pedais a Monforte

O Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) volve traer estas tres actividades entre o 23 e ó 27 de xuño á Praza da Compañía, en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CCU de Monforte celebra a chegada do verán con tres actividades que xa case son unha tradición en Monforte: a tirolina, o rocódromo e os Karts a pedais. Ambas atraccións estarán dispoñibles do 23 ao 27 de xuño para o goce daqueles que teñan entradas conseguidas a partir de compras nos establecementos asociados.

ROCÓDROMO

Nesta actividade poderase facer escalada e gozar das espectaculares vistas da Praza da Compañía desde o máis alto do rocódromo. A actividade é apta para nenos e adultos.

KARTS A PEDAIS  

Para os amantes da condución, esta actividade dos divertidos Karts a pedais é unha opción moi interesante e máis tendo en conta o lugar onde se desenvolve, na explanada da Compañía. Está indicada para nenos e adultos. Os máis pequenos terán a posibilidade de ir acompañados dun adulto nalgún dos Karts que hai con praza dobre.

TIROLINA DOBRE 

“Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura?”, preguntan os organizadores das actividades do CCU. Para comprobalo, o mellor xeito e acadar entradas para poder subir á atractiva Tirolina Dobre que se instalará na Praza do Campo da Compañía. Actividade apta para adultos e nenos a partir de 4 anos.

COMO CONSEGUIR ENTRADAS?

Sendo unha actividade organizada polo comercio asociado de Monforte, e coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos 160 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte. Cada entrada dá acceso a escoller de balde unha das actividades: Tirolina, Rocódromo ou Karts a pedais.
Dende o CCU avisan tamén que nas súas redes sociais —@ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter– poden sortear algunhas entradas estes días.

HORARIO E FINANCIACIÓN

Tanto os Karts a pedais, como a Tirolina dobre e o Rocódromo, estarán abertos ao público no seguinte horario: Mañás de 10.00h. a 13.00h. e tardes/noites de 19.00h. a 24.00h. O financiamento corre a cargo da REDIC –Rede de dinamización comercial da Xunta de Galicia– e colabora o Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...