HomesociedadeO xulgado dá a razón aos profesores do Conservatorio Municipal de Monforte...

O xulgado dá a razón aos profesores do Conservatorio Municipal de Monforte no conflito laboral co concello

Nunha sentenza con data de 7 de xuño de 2023, o xulgado recoñece o dereito dos docentes de non acudir ao centro en períodos non lectivos (Nadal, entroido, SS) "tal e como se fai en todos os centros docentes sostidos con fondos públicos e tal e como viñamos facendo no Conservatorio ata o ano 2019", sinalan os docentes. A sentenza obriga ademais a que se lles devolva o soldo que lles foi descontado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran os profesores do Conservatorio que no ano 2019 o equipo de goberno, presidido por D. José Tomé Roca e sendo Xefa de Persoal, Gloria Prada Rodríguez, cambiaron as condición laborais dos traballadores, aseguran que “sen ningún tipo de negociación previa tal e como esixe toda a lexislación laboral. Todo iso xusto despois de que presentaramos demandas para a defensa dos nosos dereitos laborais, no que pode ser entendido como unha represalia por parte do equipo de goberno contra nós.”

Os docentes explican que comezou todo cando no entroido do 2020, moitos deles negáronse a ir por entender que se estaban a cambiar as súas condición laborais. A raíz disto, o equipo de goberno expedientounos por falta grave, “prescindindo totalmente do procedemento que a lei esixe para levalos a cabo. Feito que tamén foi demandado poe nós estando a espera de xuizo”, afirman os docentes.

Na información na que dan conta da sentenza, os docentes do Conservatorio “Mestre Ibáñez”, que se enfronta a esta situación desde o 2019, rematan agradecendo o apoio recibido polo Comité de Empresa do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...