HomesociedadeQuiroga estrea nova web para os seus museos e suma o museo...

Quiroga estrea nova web para os seus museos e suma o museo ao aire libre “Arte no ar”

O aspecto máis novidoso desta páxina é a incorporación do proxecto de museo ao aire libre bautizado como “Arte no Ar”, que contempla por unha banda a ruta literaria “Quiroga, territorio literario” e por outra unha ruta de arte urbana con 19 emprazamentos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a través do seu Plan de Sostenibilidade Turística, financiou o proxecto de creación dunha nova páxina web para os Museos de Quiroga e a creación da ruta literaria denominada: “Quiroga, territorio literario”.

A nova web dos museos de Quiroga, emprazada na mesma dirección que a anterior: museosquiroga.org, inclúe tres espazos museísticos: o Museo Etnográfico, o Museo Xeolóxico e o Museo ao Aire Libre do proxecto “Arte no Ar” composto pola Ruta da Arte Urbana e a ruta literaria denominada “Quiroga, territorio literario”.

O novo espazo web dos Museos de Quiroga, polo que se refire ao Xeolóxico e o Etnográfico, mellora substancialmente a accesibilidade dos mesmos, xa que a partir da lectura dun código QR que conduce á páxina pódese acceder á explicación de cada unha das salas en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Ademais, no caso do Museo Xeolóxico, a través dos mesmos códigos QR, pódese acceder á versión dos paneis tamén nos tres idiomas. A páxina permite realizar reservas online, obter información sobre prezos e horarios fixos e especiais, ou mesmo descargar o impreso para satisfacer as taxas municipais pola visita.

Ánxel Fole, Veiguiña / Concello de Quiroga

O proxecto “Quiroga, territorio literario” recolle a idea trasladada aos técnicos de cultura por varias persoas relacionadas coas letras e as artes: Celia Díaz, Xosé Estévez, Pepe Mondelo e Eva Teijeiro. “Esta ruta pódese facer andando ou en vehículo para percorrer os lugares relacionados con seis escritores que se viron, en maior o menor grao, influenciados polo microcosmos das terras quiroguesas. Non é un proxecto pechado, para a primeira fase seleccionáronse seis recoñecidos escritores xa falecidos: Pura e Dora Vázquez, Ernesto Guerra da Cal, Eduardo Moreiras, Luis Losada, Ánxel Fole e Manuel María,” explican desde o concello. A ruta dos escritores vinculados en vida e obra con Quiroga anuncian que medrará porque non están todos os que son.

A ruta literaria dentro da proposta de museo ao aire libre “Arte no ar”, ofrece a posibilidade de coñecer lugares fondamente vinculados aos autores sinalados, por diferentes motivos: Pura e Dora Vázquez viviron en Quiroga sendo nenas; Ernesto Guerra da Cal, con familia quiroguesa, viviu coa súa tía en varios lugares da vila durante a súa nenez e adolescencia; Eduardo Moreiras naceu en Quiroga e volveu con frecuencia a estas terras para explorar vales, ríos e montañas; Luis Losada naceu no San Vitoiro do século XVIII; Ánxel Fole residiu na Veiguiña para protexer a súa integridade despois da Guerra Civil; a avoa de Manuel María era do Hospital, ademais fixo fondas amizades nestas terras que o impulsaron a dedicarlle unha marabillosa obra composta por 30 sonetos. Outra das posibilidades que ofrece o museo ao aire libre é a ruta da arte urbana que discorre por un total de 19 emprazamentos, que amosan distintas disciplinas artísticas.

Manuel María, Hospital / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...