HomesociedadeMonforte clausura o Plan Activa 22/23 do que participaron 500 veciños

Monforte clausura o Plan Activa 22/23 do que participaron 500 veciños

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e a coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Luz Méndez, clausuraron o Programa Activa 2022/2023 que nesta edición tivo unha duración moi superior ás anteriores e cunha participación de preto de 500 usuarios repartidos tanto no Centro Cívico da cidade como nas parroquias que o solicitaron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Plan Activa fora suspendido nos últimos dous anos pola pandemia da Covid, un programa especialmente pensado para os maiores co obxectivo de promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores. En concreto, búscase promover o benestar bio-psico-social das persoas maiores, promover a socialización e a participación social, habilitar espazos de encontro interxeracionais, evitar as situacións de illamento e soidade, e dinamizar as zonas rurais do Concello.

“Con esta finalidade déuselle prioridade de participación aos maiores de 55 anos, que son os que máis precisaban deste tipo de actividade para volver á normalidade, e gozar dunha vida máis saudable e independente”, sinala o alcalde.

Desde o concello destacaron que se aumentara o número de prazas nas actividades máis demandadas e consolidadas, programando prazas para persoas discapacitadas, aumentouse a duración, estendéndose desde o mes de novembro de 2022 ata o mes de xuño de 2023, completándose así un total de 8 meses.

Nas actividades ofertadas, plantexouse coma novidade “o curso de Competencias dixitais para uso cotiá, no que ensinaron ás persoas maiores como manexar as novas tecnoloxías dixitais, tentando eliminar a fenda dixital interxeracional e reducir as desigualdades que isto provoca”. Como en anos anteriores, todas as actividades foron gratuítas para veciñanza de Monforte.

O alcalde finalizou o acto expresando o seu desexo e intención de continuar con este compromiso persoal de mellorar a vida dos adultos maiores e xa traballan na seguinte edició cun incremento de prazas e de actividades, adaptándoas o máximo posible aos gustos que se extraen das enquisas realizadas aos usuarios e destinando un orzamento de 33.000 €.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...