HomesociedadeA Pobra do Brollón crea unha bolsa de emprego para o SAF

A Pobra do Brollón crea unha bolsa de emprego para o SAF

O Concello da Pobra do Brollón crea unha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O obxectivo é poder contratar temporalmente para realizar substitucións por ausencias de persoal debido a incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas. O prazo de presentación de solicitudes acaba o 10 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As funcións a realizar con esta bolsa de emprego son atencións domésticas –actividades e tarefas no fogar– e atencións persoais, tipo compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións, mobilización dentro do fogar, etc. A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso con valoración de méritos. As xornadas poden ser completas ou parciais en función da praza que se cubra en substitución.

“Na Pobra do Brollón temos un servizo de axuda no fogar reforzado que supera o esixido pola Xunta,” declara o alcalde, Xosé Lois Maceda. “Con esta bolsa de emprego queremos seguir ofrecendo este servizo coas máximas garantías para o benestar e calidade de vida dos nosos veciños,” engade

As bases xa están publicadas no BOP e na sede electrónica do Concello da Pobra do Brollón (https://concelloapobradobrollon.sedelectronica.es/info.1). O prazo para presentar solicitudes acaba o luns 10 de xullo.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...