HomesociedadeNaturgy forma en Monforte a axentes forestais de Lugo e Ourense para...

Naturgy forma en Monforte a axentes forestais de Lugo e Ourense para mellorar a seguridade nas instalacións eléctricas

Naturgy, a través da súa distribuidora de electricidade UFD, organizou este xoves, nas instalacións do Centro de Experimentación e Formación Agraria (CFEA) de Monforte de Lemos, unha xornada formativa sobre instalacións eléctricas e seguridade na que participaron máis de 30 axentes forestais de Lugo e Ourense da Consellería do Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación foi impartida por técnicos da compañía, que explicaron as características técnicas da rede de distribución de electricidade de UFD e das instalacións eléctricas como subestacións, centros de transformación e liñas. Poñendo casos reais de situacións de emerxencia, detalláronse as recomendacións para seguir en caso de risco eléctrico, as distancias de seguridade, a tensión de paso e contacto, e o uso de maquinaria e equipos en proximidade de instalacións. Así mesmo, explicáronse todas as axudas que desde os servizos de atención de emerxencias da compañía enerxética ofrécense aos Bombeiros, GES, Corpos de Seguridade e Protección Civil.

Estas xornadas forman parte do labor informativo sobre a utilización e características da enerxía eléctrica que Naturgy realiza cos distintos corpos de seguridade e emerxencias dos territorios onde conta con distribución.

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona en Galicia máis de 60.000 quilómetros de rede de baixa e media tensión e dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...