HomesociedadeAlumnado 'de matrícula' no IES A Pinguela

Alumnado ‘de matrícula’ no IES A Pinguela

Aqueles rapaces e rapazas que superaron o 9 de media, no curso que vén de rematar, recibiron unha 'matrícula' co seu nome.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No IES A Pinguela tiveron estes pasados días unha orixinal iniciativa como recoñecemento aos 56 alumnos/as que acadaron superar un nove de media neste 2022/23 que remata.

O detalle que tiveron con estes “alumnos de matrícula” foi a entrega dunha orixinal matrícula co seu nome no último día do curso.

Segundo refire o director, Enrique Sampil, “tamén quixemos que tivesen un recordo especial os participantes no programa de excelencia matemática de ESO, os mellores expedientes de cada un dos niveis educativos do instituto: Inés Martínez, Uxía Trail, Herbert Trail, Soraya Suárez, Estefanía Barreiro e Jesús Noya; Gabriel Losada, que conseguiu un primeiro premio nunha olimpiada científica galega (Bioloxía); e  os oito de 2º de Bacharelato que superaron un 9 na parte xeral das ABAU, que en moitos casos lles supuxo máis dun 13 para optar aos estudios universitarios que desexan: Herbert Trail, Betixa Carrera, Adrián Cereijo, Pablo Guitián, Xiana Muñoz, Carlota Sanmartino, Lucía Rodríguez e Eva Rodríguez”.

Agasallos de recoñecemento. Foto: IES A Pinguela.

MATRÍCULA CURSO 2023-2024

A oferta educativa para o vindeiro curso 2023/2024 abrangue ESO, Bacharelato de ciencia e tecnoloxía, Bacharelato de humanidades e ciencias sociais, e FP Básica para servizos administrativos.

No que se refire a Ciclos Medios o centro oferta: Peiteado e cosmética capilar, Estética e beleza, Xestión administrativa, Sistemas microinformátios e redes, Calzado e complementos de moda (DUAL), Confección e moda e Confección e calzado (DUAL). Para Ciclos Superiores: Administración e finanzas (ordinario e DUAL), Asistencia á direccion, Desenvolvemento de aplicacións web e Estilismo e dirección de peiteado.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...