HomesociedadeMonforte mellora o firme das rúas Fontecha e Tomás Vázquez

Monforte mellora o firme das rúas Fontecha e Tomás Vázquez

Comezan as obras de mellora do firme das rúas Fontecha e Tomás Vázquez, próximas á Zona C, enmarcadas dentro das actuacións que o Concello está a desenvolver en vías de titularidade municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de  urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o Alcalde, e que contan cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.).

As rúas Fontecha e Tomás Vázquez presentan un firme que aconsella unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ó fresado dos entronques iniciais e finais de ditas vías, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. Procédese ó fresado do firme, ó barrido do firme nas zonas afectadas por medios mecánicos. O asfaltado do firme farase con aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e tamén se realizará o recalce das tapas de rexistro en calzada en dado de formigón. Farase o pintado de marcas viais incluídos símbolos e cebreados con pintura reflexiva e microesferas de vidro. Trátase, polo tanto, dunha renovación completa do pavimento de máis de 300 metros lineais, concretamente, 105 m. na Rúa Tomás Vázquez e 201 m. na rúa Fontecha.

O orzamento total destinado a estas dúas actuacións case alcanza os 36.000 euros, concretamente os 35.840,41€, sendo destinados 13.699,42 € á rúa Tomás Vázquez e 22.140,99€ para a Rúa Fontecha.

O rexedor monfortino resalta que “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que veño de renovar tras o respaldo acadado nas recentes eleccións municipais, e no que non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...