HomesociedadeComeza a mellora da rúa Incio en Monforte

Comeza a mellora da rúa Incio en Monforte

Deron inicio as obras de mellora do firme doutra das rúas incluídas no plan desenvolto polo Equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal, en concreto, trátase da rúa Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de  urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o Alcalde, e que contan cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.).

A rúa Incio presenta un firme que aconsella unha actuación completa de renovación do mesmo, sendo necesario proceder ó fresado dos entronques iniciais e finais de dita vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e pintaranse as marcas viais. Pavimentaranse 210 metros lineais cun orzamento de 28.584,45€.

O rexedor monfortino, José Tomé, resalta que “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que veño de renovar tras o respaldo acadado nas recentes eleccións municipais, e no que non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos.”

ÚLTIMAS

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...