Homesociedade15.000 persoas pasaron polo Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte,...

15.000 persoas pasaron polo Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, “o mellor da historia”, asegura o alcalde

José Tomé Roca, destaca que esta edición “supuxo un paso adiante definitivo na consolidación deste evento de promoción nunha tripla dimensión, a promoción do viño da D.O. Ribeira Sacra, a promoción de Monforte como capitalidade da comarca, e a promoción do conxunto da Ribeira Sacra, e todos aqueles elementos que acompañan o mundo do viño”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, José Tomé, cualificou a edición de 2023 como mellor das celebradas ata a data, e para elo resaltou “a asistencia masiva de público nesta edición que podemos calificar de excelente, e pola que pasou tanta xente polo recinto do Festival durante os tres días como poboación ten Monforte no casco urbano, que é unha cifra enorme nun espazo limitado de tempo”, unha cifra que se estima en arredor de 15.000 persoas.

Outro dos aspectos nos que se sustenta o éxito da 5ª edición deste Festival do Viño son as cifras de ventas acadadas. “Vendéronse uns 10.500 tíckets, sen ter en conta as vendas directas en botella, que tamén é unha cantidade considerable, o que supón un 61% máis que en 2019, antes da pandemia”. A venta no número de copas subiu un 40% con respecto á edición de 2022, o mesmo que os portacopas, que aumentaron nun 44%.

José Tomé resaltou na súa intervención “o compromiso das 30 adegas que estiveron presentes e a satisfacción que me fixeron chegar pola excelente organización do conxunto do Festival” e engadiu que “xa houbo algunha adega das de maior tamaño da D.O. que este ano non puido estar presente, e que xa me fixo chegar o seu interese para participar na próxima edición de 2024”.

Tamén, o rexedor monfortino agradeceu ó Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra a súa colaboración e sobre todo á xente do mundo do viño, “que colaboran masivamente co Festival en datas de moito traballo para as adega. O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte supón un colofón á tempada de promoción previa á seguinte vendima, nun lugar único como é o paseo do Malecón”.

En canto aos cinco concertos celebrados durante o Festival (Compañía de danza Fran Sieira, Sés, Diboa, Xisco Feijoó e Fillas de Cassandra) “foi un acerto e que congregaron a numeroso público que contribuíu a que a xente permanecera máis tempo no entorno do Malecón, e polo tanto, dentro do ambiente do Festival do Viño”, indicou o Alcalde.

O concello de Monforte investiu nesta cita, 158.000 euros, e asegura que traballan xa na seguinte edición, “que será os días 5, 6 e 7 de xullo de 2024, a primeira fin de semana completa do mes de xullo, para o que estamos recopilando datos e suxerencias, tanto de adegas como de público asistente que nolas fixo chegar”.

Festival do Viño 2023 / Facebook Vinosacra.es

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...