InicioComarca de SarriaSarriaO Recuncho da Comedia xunta en Sarria a David Amor, Danny Boy-Rivera...

O Recuncho da Comedia xunta en Sarria a David Amor, Danny Boy-Rivera e Pablo Meixe

Será un gran espectáculo de humor que abrirá o 'Ultreia et Suseia' deste 2023 e que terá como escenario a terraza do Meigallo.

Publicado o

- Advertisement -

O Recuncho da Comedia. Así se presenta o espectáculo de humor co que comeza o “II Ultreia et Suseia” e que xuntará a tres humoristas galegos enriba do escenario da xa clásica terraza do Meigallo en Sarria. Os protagonistas da sesión, que terá lugar este domingo 16 ás 20: 30 h., son David Amor, Danny Boy-Rivera e Pablo Meixe.

David Amor é un clásico de Sarria, podería ser humorista predilecto da vila sen ningún problema polo moito que ten actuado e o querido que é neste lugar. A súa traxectoria televisiva comezou en 2001 no programa O Rei da Comedia (TVG), cadea onde ao longo dos seguintes anos formaría parte de varios proxectos. Máis de dúas décadas despois, David pisou cos seus shows de comedia teatros de toda España, participou no emblemático El Club de la Comedia, participou en series de televisión como Gym Tony (Catro) e Aquí paz y después gloria (Telecinco) e en programas como Tu cara me suena (Antena 3) e Zapeando (A Sexta).

Pablo Meixe tamén estivo en Sarria no 2020, concretamente no ciclo ‘Sarria Sorrí’. Comezou a dedicarse ao teatro aos 14 anos, aos 17 xa dirixía o grupo municipal de Ordes, aos 19 fixo o seu primeiro monólogo e aos 21 estreouse na TVG en Os Aspirantes. Foi gañador do Concurso Nacional de Monólogos Helios e actualmente ten todo un nome en redes sociais con máis dun millón de seguidores en Tik Tok. Colaborou con marcas tan prestixiosas como Warner ou Yoigo e participou na retransmisión de eventos como os Mestre Mateo e os Premios Goya.

Danny Boy-Rivera é outro humorista galego, cómico de profesión e afincado fóra de Galicia dende hai anos. Presentador oficial de Comedy Central, púidoselle ver no Festival Internacional do Humor de Bogotá e traballou en Se hace saber, un programa de sketches dirixido por Goyo Jiménez para TVE. Actualmente é guionista do programa La Resistencia, presentado por David Broncano, e é parte do podcast Mochila al pasado. Ten unha ampla experiencia en monólogos, o que lle valeu actuar nalgunha das cidades máis grandes de toda España.

As entradas pódense conseguir na terraza do Meigallo ou en Ataquilla.com.

ÚLTIMAS

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...