HomesociedadeEdgar Cloos, fillo de Guillermo Fernández, exalcalde de Monforte, pregoará as Patronais

Edgar Cloos, fillo de Guillermo Fernández, exalcalde de Monforte, pregoará as Patronais

Edgar Amando Cloos Fernández naceu en Monforte de Lemos en 1957. É fillo de Guillermo Fernández Otero, que foi alcalde de Monforte de Lemos, e de Anita Cloos Haubach. Estudiou nos PP Escolapios e, os catro últimos cursos de bacharelato, no IES Río Cabe, o único existente  naquel momento, de cuxa última promoción de graduados foi padriño neste pasado mes de xuño de 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia quen será o Pregoeiro das Festas Patronais de 2023, o monfortino, Edgar Amando Cloos Fernández. Tomé Roca xustifica a súa elección en que “é unha figura moi importante na historia recente de Galicia e da nosa provincia no que se refire ó ámbito xudicial, pois desempeñou unha importante labor tanto no xulgado de Cambados, como nos xulgados de Lugo e especialmente na Audiencia Provincial de Lugo, da que foi presidente ata a súa xubilación. ”

Edgar Cloos estudiou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, única existente naquel momento. É xuíz por oposición libre, tendo desempeñado as funcións, primeiro de xuíz e despois de maxistrado, inicialmente en Cataluña, no xulgado de Granollers, e despois, xa en Galicia, no xulgado de Cambados, en épocas de moitas operacións de contrabando primeiro e de narcotráfico despois.

Logo, xa na cidade de Lugo, foi xuíz primeiro nos Xulgados e despois na Audiencia Provincial, da que, desde o ano 2002 é presidente da Sección segunda e sendo nos últimos anos, ata a súa recente xubilación, presidente da Audiencia Provincial de Lugo. Desde a súa chegada a Cambados, no ano 1986, foi dos primeiros maxistrados en utilizar e normalizar o uso de idioma galego nas salas de audiencia e nas súas resolucións xudiciais.

En todo o seu periplo vital, que desenvolveu sempre fóra de Monforte, seguiu, e segue tendo, presencia constante na súa cidade, en fins de semana ou vacacións e, desde a súa recente xubilación, dun xeito máis constante. “É fillo, pai, marido e irmán de monfortinos, toda a súa vida familiar xira ao redor da súa cidade. O pregón, e xunto co alcalde, será o venres, 11 de agosto, ás 8 e media da tarde (20:30h.)

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...