HomesociedadeA Pobra do Brollón estrea albergue municipal

A Pobra do Brollón estrea albergue municipal

Trátase dunha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón financiada con fondos propios, fondos Agader e da Deputación Provincial de Lugo. Tras acondicionar o espazo no antigo edificio do colexio e acordar a concesión da xestión, o novo albergue foi inaugurado o pasado sábado nun evento organizado pola súa xestora, Anabel Alves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O albergue está situado na Avenida de Outeiro, ao carón do colexio da Pobra do Brollón, a uns 200 metros do Camiño de Inverno. Conta con 36 prazas repartidas en dúas habitacións; unha sala de estar con butacas, mesas, microondas e neveira; tres aseos con duchas (incluído un aseo adaptado); unha zona de lavandería e secado, e un espazo exterior con árbores. Tamén hai un punto de venda de produtos locais.

O prezo son 12€ ou 15€ en tempada alta, prezo que inclúe roupa de cama e toalla, e unha bebida quente ao día seguinte. A maiores, ofrécese servizo de almorzo, xantar e cea. No futuro próximo, vaise ofrecer servizo de aluguer de bicicletas, así como actividades turísticas e lúdicas.

O alcalde, Xosé Lois Maceda, destaca a importancia do albergue para o desenvolvemento económico da Pobra do Brollón. “Estamos moi satisfeitos con contar por fin con albergue propio,” valora Maceda. “Será un revulsivo para a economía local a través da dinamización turística, facilitando que A Pobra do Brollón sexa fin de etapa do Camiño, pero tamén creando un recurso para calquera persoa que desexe visitar o noso municipio”.

A páxina web do albergue estará dispoñible esta semana. As persoas interesadas tamén poden contactar por teléfono (609490941), email (albergueapobradobrollon@gmail.com) ou en Instagram (@albergueapobradobrollon).

Albergue A Pobra do Brollón / Concello A Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Inscricións de novas viñas en suspenso en concellos que non teñan aprobada unha delimitación planimétrica

O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra reuniuse o pasado 10 de febreiro de...

A futura ‘Área Recreativa e Praia Fluvial de Monforte’ terá capacidade para acoller a unhas 20.000 persoas

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou en rolda de prensa...

Estudantes do IES A Pinguela destacan na fase galega da Olimpiada de Xeoloxía

Corenta alumnas e alumnos de institutos da provincia de Lugo (IES Fontem Albei da...

O Club Lemos preséntalle o seu proxecto de futuro ao Alcalde de Monforte

O novo presidente do Club, Antonio López, que foi elixido polos socios o pasado...