IniciosociedadeO 31 de xullo remata o prazo para xustificar as axudas ó...

O 31 de xullo remata o prazo para xustificar as axudas ó transporte para estudantes de Monforte

Podían optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado no concello de Monforte, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do concello, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte aumentou a contía destas axudas a 25.000 €, para os gastos de transporte do curso 2022/2023, en concreto, do período establecido entre setembro do 2022 e ata xullo do 2023.

Para percibir estas axudas os beneficiarios deberán presentar os billetes ou bonos do medio de transporte utilizado no que consten, de forma lexible, a data do billete ou bono, o percorrido e o importe da viaxe ou factura da empresa de transporte utilizado. O percorrido referirase ó transporte dende Monforte ata o lugar no que se realice o curso, calquera variación na ruta seguida deberá explicarse na xustificación.

Non se admitirán billetes ou bonos correspondentes ó transporte urbano do lugar no que se realicen os estudios.vNon se admitirán billetes ou bonos deteriorados, ilexibles ou nos que non conste a data de emisión. Así mesmo tampouco se admitirán billetes correspondentes a festivos ou vacacións segundo o calendario académico.

Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora, desde o momento do pago da subvención nos casos e de conformidade co establecido no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

ÚLTIMAS

Lugo pon en valor o románico da provincia con 17 visitas guiadas

A Deputación de Lugo organiza por cuarto ano consecutivo rutas gratuítas para conmemorar o...

A CIG-Saúde denuncia a falta de especialistas no Hospital de Monforte despois da OPE

O sindicato informa de que un radiólogo e unha psiquiatra marcharon porque colleron praza...

Fina Casalderrey presenta o 3 de maio en Chantada “A muller xabaril”

O acto de presentación, aberto ás persoas interesadas, completarase coa actuación da Banda de...

Restauración da histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, en Pantón

A histórica Igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño, no Concello de Pantón,...