HomeTerra de LemossanidadeA CIG-Saúde denuncia a falta de especialistas no Hospital de Monforte despois...

A CIG-Saúde denuncia a falta de especialistas no Hospital de Monforte despois da OPE

A CIG-Saúde denuncia a situación na que vai quedar o Hospital de Monforte, despois de que rematara a oposición de difícil cobertura neste centro, "Ao final a situación vai quedar peor do que estabamos", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sindicato informa de que un radiólogo e unha psiquiatra marcharon porque colleron praza noutros hospitais, e neste momento están sin cubrir, “No caso do radiólogo porque aquí non puido saír ningunha praza a OPE (oferta pública de emprego), xa que hai unha propietaria que está en comisión de servizo en Lugo”. Solicitan a súa incorporación inmediata ao Hospital monfortino ou que manden a outro radiólogo para que poda facer o seu traballo, “xa que no caso de non vir incrementaría as gardas que teñen que facer os radiólogos que quedan, e repartirse o seu traballo diario, o cal é inasumible”.

No caso da psiquiatra, tamén colleu praza noutro hospital e a que ía vir renunciou, “polo tanto ten que correr a lista e pode pasar máis dun mes ata que veña alguén. A situación é moi grave, xa que como temos denunciado noutras ocasións había unha psiquiatra sen cubrir e polo tanto moita lista de agarda”. O sindicato afirma que a día de hoxe hai 7 vías rápidas que non sabemos quen vai atender, 600 persoas sen ver derivado da ausencia da psiquiatra, 70 pacientes derivados doutros especialistas e 150 de primaria.

No caso de pediatría, incorporouse unha pediatra, pero a outra concedéuselle, segundo a xerencia, unha comisión de servizo.

Incorporouse un dixestivo e un rehablitador e espérase alguén para dermatoloxía. Os demáis facultativos quedan como estaban, coa praza consolidada. “Seguen faltando un rehabilitador e dúas pediatras”, advirte a CIG Saúde.

Tamén denuncian que o médico de HADO só presta servizo un día a semana polo que solicitan á Xerencia que esté presente durante toda a semana. “A día de hoxe o Hospital conta con dous especialistas menos. Esa foi a marabillosa OPE do SERGAS”, conclúen.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...