Homesociedade6 influencers para promocionar Monforte e a Ribeira Sacra na redes sociais

6 influencers para promocionar Monforte e a Ribeira Sacra na redes sociais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, presenta a campaña promocional “Monforte de Lemos. Capital da Ribeira Sacra”, que estará protagonizada por 6 influencers que destacan na creación de contidos relacionados con lecer, turismo, viaxes e gastronomía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación da campaña tivo lugar no Parque dos Condes da cidade, co Colexio de Nosa Señora da Antiga coma telón de fondo. Os 6 influencers que se achegaron ata Monforte provintes de diferentes puntos de Galicia e España visitaron os principais monumentos e espazos turísticos da cidade, como o Conxunto monumental de San Vicente, o Museo das Clarisas ou o Miradoiro do Duque. Co alcalde, percorreron as principais rúas do casco antigo e o Museo do Viño.

Na actividade dos influencers non faltarán as degustacións gastronómicas de produtos da zona, a degustación de tapas e viños da D.O. Ribeira Sacra en distintos locais de hostalería e ocio nocturno, un paseo en barca polo río Cabe ou a visita ó Miradoiro do Duque.

O alcalde destacou a importancia de levar a cabo accións deste tipo en novas canles de comunicación como son as redes sociais, “unha ocasión para chegar a todo tipo de públicos, pero sobre todo ás xeracións máis novas, que empregan as redes sociais para comunicarse”.

Os 6 influencers protagonistas desta campaña, “que serán os nosos embaixadores na difusión do noso potencial turístico e de ocio”, son Hugo Pérez (a través da súa conta en Instagram), Patricia García de Donkeycool, Fany de Engaliciamorate, Saray Rodríguez de Sen Paraxe, Alberto de Alvientooo e Elena Peregrina de mi.maleta.azul. Entre eles suman un millón de seguidores nas diferentes canles dixitais que manexan. O alcalde subliñou que “vídeos moi semellantes ós que estes días farán sobre Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra, alcanzan nas redes sociais dalgúns dos nosos embaixadores 1,7 millóns visualizacións, 76 mil likes e máis de 300 comentarios. Con un só vídeo dos colgados nos seus perfís, o alcance é enorme”.

Outras accións promocionais de Monforte e a Ribeira Sacra

José Tomé destacou que esta campaña é un conxunto de accións que reforzarán o posicionamento de Monforte como destino turístico. Ademais das accións que levarán a cabo este días e posteriormente os 6 influencers nas súas redes sociais, a campaña tamén conta con diversos elementos de visibilidade nas rúas da cidade do Cabe así como nas principais zonas turísticas de Galicia.

Na Coruña, Vigo, Pontevedra e outros puntos das Rías Baixas a campaña estará presente durante este verán con elementos de visibilidade coma vallas, lonas, autobuses ou cubos publicitarios. O lema que acompaña a todos os elementos promocionais é: “Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra. Un paraíso monumental, cultural, gastronómico, vitivinícola e paisaxistico latexa no noso interior”, con imaxes representativas da cidade como o Conxunto Monumental de San Vicente, os Escolapios, o Miradoiro do Duque, a gastronomía a través da empanada ou a larpeira.

ÚLTIMAS

COGAMI reclama dereitos para as persoas con discapacidade

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, COGAMI e o seu movemento...

Aberto o prazo para solicitar as 1.750 prazas do Lugo Termal con descontos nos balnearios da provincia

A Deputación de Lugo abriu este luns, 2 de decembro, o prazo para solicitar...

Chantada abre o 5 de decembro a programación de Nadal co acendido da iluminación e a apertura do Poboado de Nadal

O Concello de Chantada a través da Concellaría de Cultura prepara unha completa programación...

Ata o 16 de decembro está aberto o prazo para solicitar posto no Mercado de Nadal de Monforte

O Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado...