HomesociedadeSegredos de Pantón visita A Peroxa o 15 de agosto

Segredos de Pantón visita A Peroxa o 15 de agosto

Terán visitas guiadas ao Museo o Lebre das Casarizas e ao espazo natural do Castelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segredos de Pantón organiza unha visita para este martes, 15 de agosto. O punto de encontro será o mural das xacias do colexio Monte Baliño, no Castro de Ferreira, ás 9:15 h.

Farase a viaxe en coches particulares ata a Peroxa. Establécense prazas para 20 persoas. Nesta cita de balde na que se pode reservar no 662 66 92 23, no correo segredosdepanton@gmail.com ou a través das redes sociais.

Por unha banda visitarán o Museo o Lebre, coñecido como o Da Vinci da Peroxa, “A través das súa obra pódese coñecer o mundo rural do século XX e os oficios tradicionais da época”. No espazo natural do Castelo coñeceranse as ruínas do qur durante séculos foi cabeza de xurisdicción e capital do estado de Temes, ademais dun dos poucos castelos que resistiu ás revoltas irmandiñas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...